sábado, agosto 29, 2009

palabras dun xogo

risco 1 s.m. Debuxo ou marca longa e delgada, ou suco pouco profundo na superficie dunha cousa. Encheu de riscos o caderno. Fixo uns riscos coas uñas no cal da parede. SIN. raia, trazo. Estas olas de barro están adornadas cuns riscos.
risco 2s.m. Situación ou circunstancia que ameaza a seguridade dunha persoa ou cousa. Circular por moitas das nosas estradas é un risco. SIN. perigo.

diversión s.f.
1. Acción de divertir ou divertirse. No verán hai moita diversión nas zonas da costa. Fago xogos por diversión. SIN. distracción, entretemento.ANT. aburrimento.
2. Cousa que divirte. Durante o xogo houbo todo tipo de diversións. CF. atracción. A lectura é unha boa diversión. SIN. divertimento, entretemento, pasatempo. CF. ocio

atrevemento s.m.
1. Calidade de quen non se deixa intimidar polas dificultades, perigos, etc. O seu atrevemento colocouno nunha situación difícil. SIN. afouteza, audacia.
2. Falta de respecto ou pudor no que se di ou fai. O seu atrevemento cos mozos cústalle moitos desgustos. SIN. desvergonza, procacidade. CF. insolencia.
3. Acción ou dito atrevido. Foi un atrevemento criticalo publicamente. Aquel acto era un atrevemento. SIN. desvergonza, procacidade. CF. insolencia. u SIN. ousadía.

confusión s.f.
1. Acción de confundir ou confundirse. Foi unha confusión, pensei que eras outra persoa. SIN. engano, equivocación. Por unha confusión suspendín o exame. SIN. engano, equivocación, erro. 2. Situación que provocan moitas persoas ou cousas xuntas ou mesturadas, de tal xeito que non se distinguen ou non se entenden. A súa teoría é simplemente unha confusión de ideas sen un fío que as una. ¡Que confusión de xente! SIN. liorta, marfallada, zarangallada, zarapallada. CF. cotarro, galimatías.
3. Estado do espírito perturbado. Deixouno sumido nunha gran confusión. SIN. desconcerto. CF. perplexidade.

curiosidade s.f.
1. Desexo de saber, de aprender, de coñecer cousas novas. Esperta-la curiosidade dos alumnos. CuriosCursivaidade científica.
2. Desexo de saber e furgar nos asuntos dos demais. Morro de curiosidade por saber qué lle pasou.
3. Cousa rara, singular, que chama a atención. Este libro xa non se atopa, é unha verdadeira curiosidade. Contounos algunhas curiosidades e pouco máis.
4. Coidado, esmero, limpeza con que se fai algo. Admiro a curiosidade que ten no seu traballo.