jueves, enero 14, 2010

remendando con palabras

trapalleira
adx. 1. Que fai mal as cousas, de calquera maneira, que fai trapalladas. ¡Que trapalleira é! Non lle volvo encargar máis nada. SIN. atrapallado. Tamén s. Non quero saber nada desa trapalleira. SIN. chafallas, chafalleiro, chambón, marfalleiro, zarangalleiro, zarapalleiro. 2. Que é pouco formal, que fala moito e sen tino. Non lle fagas casiño que che é moi trapalleira. Tamén s. Non fagas tratos con ela que é unha trapalleira. SIN. trapallas. u SIN. trangalleiro.

remendo
m. Anaco de tea que se cose sobre unha peza de roupa para tapar un furado. Levaba o vestido cheo de remendos. SIN. mendo, pegón, peza, tomba.

remendando.
1. Acción de unha trapalleira poñendo remendos nos rotos e nos descosidos.