vagancia
1. Situación do que non está ocupado en nada, sobre todo se é por falta de vontade. A vagancia dun domingo. sin. folganza , ociosidade . cf. folga .
2. Falta de vontade para traballar ou para facer algo que require algún esforzo. Se non o fixen foi por vagancia e non por falta de tempo. sin. desidia (máis formal), galbana , maiola , nugalla , preguiza .