agrabémcimento
[arl]
[arl]
1. Palabra, exenta de academicismo, que expresa o desexo de felicitar maridado coa indecisión de agradecer. Fruto da unión de dúas palabras, ante a necesidade de explicar como por atropello súbito nas naturais ganas de aplaudir (dándose un conta nese mesmo intre da maxia, parado diante da persoa que tan amablemente nos invitou a ese mundo) o que nos sorprendeu tanto que nos arrancou en dar palmas.
2. Término para definir unha acción que se produce ante a imposibilidade de xuntar as palmadas cun abrazo, ou sí, pero previa interrupción das primeiras, para rodear as costas da outra persoa, e despois de premida e asegurada a persoa con firme aperta, retomar a acción primeira da batida por detrás das costas se aínda houbera lugar. Exemp.: Mostroulle o seu agrabémcimento sinceiro