competir
1. [Persoa, grupo] tratar de superar ou de obter certa cousa opóndose a outra ou outras persoas que pretenden o mesmo Nesta proba van competir os mellores atletas. Sinónimo contender.
2. Figurado. [Dúas ou máis persoas ou cousas] ter características ou calidades semellantes en alto grao. Para todas as acepcións Sinónimo rivalizar.
compartir
1. Ter ou usar [unha cousa] conxuntamente con outras persoas.
2. Dar parte de [unha cousa] a outro.
3. Estar de acordo con [algo que se expresa].
4. Ter [o mesmo sentimento] ca alguén por solidariedade.