martes, septiembre 25, 2018

palabras que saen de "arder en deseos"

eslumecer

verbo intransitivo. (eslumecer por)

1. Desexar con ansiedade. SINÓNIMOS: adoecer, alangrear, devecer, rabiar, reloucar

devecer

verbo intransitivo. (devecer por)
 
1.  Desexar con ansiedade. SINÓNIMOS: adoecer, alangrear, eslumecer, rabiar, reloucar
2. Ir a menos. A finais do verán comezan a devecer os días.

reloucar

verbo intransitivo. (reloucar por)

1. Desexar ardentemente. SINÓNIMOS: adoecer, alangrear, devecer, eslumecer, rabiar
2. Exteriorizar unha grande alegría ou un pracer intenso. Clara reloucaba cando os Reis Magos lle traían o que pedira.

... todas as palabras foron xurdindo na busca de galeguizar a expresión "arder en deseos" e non empregar adoecer que lle pon moita rabia á ansia.