sábado, marzo 14, 2020

palabras para unha alarma

alarma

substantivo feminino

1. Aviso ou sinal de perigo. Deron a alarma á poboación a causa do virus.
CONFRÓNTESE alerta
2. Dispositivo que avisa de maneira sonora ou visual do perigo. Puxen a alarma para seguir estudando a pesar do estado de alarma.
3. Sobresalto, susto ante un perigo real ou posible. As noticias alarman sobre a situación actual

confinamento

substantivo masculino

1. Acción e efecto de confinar. Sufrimos o confinamento da globalización.
2. Dereito: Pena consistente en relegar o condenado a un lugar determinado, para que viva en relativa liberdade, baixo a vixilancia da autoridade. Estamos na casa baixo vixiancia e con relativa libertade
3. Física Calquera dos métodos de delimitación espacial dun plasma. Confinamento de plasmas en reactores de fusión termonuclear. Dispositivos de confinamento magnético

DÍA 1