voz
1. Son producido na larinxe polo aire expulsado dos pulmóns, ó facer vibra-las cordas vocais.
2. fig. e lit. Son producido polos animais, polos instrumentos musicais, por fenómenos da natureza, etc.
3. Expresión da propia opinión ou posibilidade de expresala.
4. Gram. Forma en que pode empregarse o verbo segundo a acción verbal sexa realizada polo suxeito (voz activa) ou sexa recibida por el (voz pasiva).
5. Palabra, vocábulo.
6. Mús. Forma da voz segundo o rexistro. Voz de tenor. s Voz da conciencia.