sábado, julio 08, 2017

palabras deste tempo e dun agasallo especial

cereixa

A cereixa é globosa ou oblonga, carnosa, lampiña, brillante, de cor vermella clara ou vermello negro, ás veces amarelado case branco, e provista dun óso central redondeado ou lixeiramente asurcado, contendo unha améndoa de sabor amargo. De entre as clases de cereixas que máis abundan en Galicia poden citarse as ambroesas, as guindas, as lourales, as marouviñas, molárelas e as ourales. Todas son carnosas, pero unhas teñen a carne dura e outras a teñen tenra ou branda, resultando unhas e outras moi saborosas e zumentas.
Ex.:De postre houbo cereixas, e quedaron para merendar.

cerdeira

(Cerasus juliana). Árbore de patria decoñecida e pertencente á familia das plantas rosáceas de Jussieu. O seu froito é a cereixa, da que existen diferentes variedade. Árbore da familia amigdáleas, de froitos aovados, deprimidos, casi acorazonados, non ácidos, carne brandiña, moi adherente ó epicárpi.
Ex.: Fran trouxome unha folla de cerdeira en forma de serra ou unha serra en forma de folla de cerdeira; non sei moi ben.