eslumecer
verbo intransitivo. (eslumecer por)1. Desexar con ansiedade. SINÓNIMOS: adoecer, alangrear, devecer, rabiar, reloucar
devecer
verbo intransitivo. (devecer por)1. Desexar con ansiedade. SINÓNIMOS: adoecer, alangrear, eslumecer, rabiar, reloucar
2. Ir a menos. A finais do verán comezan a devecer os días.
reloucar
verbo intransitivo. (reloucar por)1. Desexar ardentemente. SINÓNIMOS: adoecer, alangrear, devecer, eslumecer, rabiar
2. Exteriorizar unha grande alegría ou un pracer intenso. Clara reloucaba cando os Reis Magos lle traían o que pedira.
... todas as palabras foron xurdindo na busca de galeguizar a expresión "arder en deseos" e non empregar adoecer que lle pon moita rabia á ansia.